Comezamos o curso!!!

Volvemos á carga…

* Primeiro asalto: XXIV Festival de Poesía do Condado, o 3 e 4 de setembro. Esta fin de semana, Berrobambán estará sobre o escenario da Zona das Murallas: o sábado, a partir das 20.30, presentaremos o festival poético musical, co(a)s poetas Alicia Fernández, Branca Novoneyra, Carlos Quiroga, Carlos Negro, Calros Solla, David Rodríguez, Elvira Riveiro, Kiko Neves, Laura Branco, Samuel L. París, Samuel Solleiro, Tiago Gomes e Xulia María, e os grupos De outra margem, Uxía, Labregos do tempo dos Sputniks, Os tres trebóns, e Afro-vungo.

* Segundo asalto: estamos con Pressing Catch o xoves 30 de setembro e o venres 1 de outubro no Centro Cultural Caixanova, de Vigo, ás 20.30, no ciclo NX. Podedes xa mercar as entradas a través de Servinova.

Vémonos no ring!

Xa podedes mercar CD e libro en Toupa!!!

Nesta nova plataforma virtual, Toupa.net onde podemos acceder aos produtos culturais galegos máis recentes cun só clic, temos xa á venda

O noso CD, Pressing Catch. 12 cancións dende o ring, cunha ducia de temas de varios grupos galegos. Lembra que podes escoitalo na nosa web, e se che gusta, adiante!
null
O libro Pressing Catch, de Paula Carballeira, editado por Positivas. Aquí podes ler unha crítica que lle fixo Roi Vidal Ponte no último número de ProTexta, a revista mensual de libros de Tempos Novos.

Crítica do libro ‘Pressing Catch’ en ProTexta

Roi Vidal Ponte fai unha crítica de Pressing Catch, de Paula Carballeira (editado por Positivas) no último número de ProTexta, a revista trimestral de libros de Tempos Novos. Aquí podedes botarlle un ollo:

(clica nela para vela en grande)

Por outra banda, comunicámosvos que xa podedes adquirir o texto nas vosas librarías, ou a través da plataforma Toupa.net. Pronto poderedes mercar tamén o CD Pressing Catch, 12 cancións dende o ring.

Vídeo promocional de ‘Pressing Catch’

Aquí podedes ver o vídeo promocional de Pressing Catch! A función foi a do venres 12 de marzo, gravaron Alberto Alonso e Oroboro, a tres cámaras, e a montaxe é de C. Pereira. Gozade do Pressing Catch!

Xa podedes descargar o CD!

Aquí o está! Podedes facelo a través da nosa web, de Komunikando ou da Regueifa.

Estreamos web!

Xa podedes visitala! ENTRA!

E aquí vos deixamos os vídeos de presentación d@s loitadores/as, na versión que sae na obra.

Habemus CD e libro!!!

Xa temos no local os libros de Edicións Positivas e os CD’s, resultado do certame!!! En breve achegaremos unha relación dos puntos de venda (o libro custa 6 €, igual que o CD, e o pack dos dous pode obterse por 10 €). Polo de agora, achegamos algunha outra cousiña que foi saíndo na prensa:

- Positivas publica o texto de ‘Pressing Catch’, en Xornal de Galicia.

- Aquí podedes ver a crítica do espectáculo que fixo Manuel Xestoso para o número 1.399 d’A Nosa Terra.

Clicando nas imaxes accederedes a elas a tamaño completo.

- Amais, A Soeira das Estrelas entrevistou a Paula e a Chiqui. Aquí podedes ver a portada, e aquí a entrevista.

Fotos das funcións

Despois destes sete días intensísimos na Nasa, co aforo completo en cada función, podedes ver aquí as fotografías que tirou Mónica Gago nunha das últimas funcións:

Seguiremos informando de próximas funcións! Polo de agora, queremos darvos as grazas a todas as persoas que participastes no proxecto dun xeito ou do outro, e tamén a toda a xente que encheu a Nasa estas dúas últimas semanas. A resposta que tivo Pressing Catch foi espectacular, grazas ao voso apoio. Agardámosvos no ring…

Exitazo na prensa!

Aquí reunimos o que os medios foron sacando de Pressing! Podedes ver a reportaxe que sacaron en Bos Días o venres 19 ás 12.45. Cristina Michelena veu á función do venres 12, e alí falou con Hugo e Paula:

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

E aquí tedes un vídeo do Telexornal serán do sábado 13, en que saímos:

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Tamén podedes ver a Paula Carballeira entrevistada pola presentadora María Soler, no Zig Zag do pasado venres, a partir do segundo 13’05” deste vídeo:

Aquí podedes descargar un dossier con todas as reportaxes, entrevistas, críticas e noticias que sacaron, polo de agora, arredor da estrea de Pressing, en medios electrónicos e impresos:

DESCARGA AQUÍ O DOSSIER DE PRENSA

Amais, saímos no Diario Cultural, da Radio Galega, ao longo de toda a semana da estrea, do 8 ao 12 de marzo, con pequenos fragmentos da obra cada día. A condutora do programa, Ana Romaní, entrevistou a Quico Cadaval e Paula Carballeira o día da estrea. Podedes escoitalo aquí:
entrevistadiariocultural

E ao día seguinte, venres 12, o crítico Camilo Franco comentou as súas impresións sobre Pressing Catch. Aquí podedes escoitalo:
criticacamilodiario

Máis radio: aquí tedes as palabras de Quico Cadaval recollidas por Radiofusión o día anterior á estrea:
Cadaval en Radiofusión

E aquí podedes ver o artigo completo, por Ledicia Trillo.

Por último, aquí podedes descargar completo o número de ‘De Luns a Venres’ que inclúe unha entrevista a Quico Cadaval, na segunda páxina (publicouse o 12 de marzo).

Estreamos pasado mañá!

Aquí tedes unha compilación do que saíu nos medios esta semana: