Chega outro tema! ‘Separación’ de Kaleya

Dende Kaleya enviánnos un tema ben acaído: «Separación». Esta banda de metal ourensá está formada por Gabriel Sierra (voz), Adrián Rego (guitarra), Alexandre Caeiro (guitarra), João Rangel (batería) e Roi Rodríguez (baixo).

separacion

A banda

O nome do grupo vén da converxencia entre a palabra galega «calella», unha vila catalá do mesmo nome, o río africano Kaleya, e un antropónimo feminino corrente en Turquía… Fundárono Adrián Rego e Roi Rodríguez, aos que se unirían máis tarde Gabriel Sierra, Erea Carbajales e Gael Carballo. Este último deixouno contra finais do 2008, por incompatibilidade cos seus estudos, e entrou Alexandre Caeiro, antigo guitarra dos desaparecidos ‘Laguna Estigia’ na banda como novo baixista. Ao marchar Erea, Alexandre recupera a súa posición como guitarrista, e é en xullo deste ano cando entra João Rangel.

A principios de 2008, a banda gravara a súa primeira demo nos estudios Mafia Records do Carballiño, que consta de 6 temas: «Víctimas», «Sin Salida», «Frente a Mí», «No Hay Mañana», «Humillación» e «Kaleya».

O tema

«Separación» forma parte dunha encarga: en maio do 2008 o director de curtametraxes lugués Felipe Neira Barrios proponlles a realización da banda sonora da súa curta Separación, e de aí xorden «Ni un segundo más» e «Separación», esta última gravada en castelán e galego. A curta, rodada no 2007 en Lugo, Outeiro de Rei e Castro de Rei, fala de dous rapaces afeccionados á fotografía de natureza que un día, accidentalmente, matan un animal. Daquela escíndense dúas actitudes: a do que lamenta o acontecido e a do que aproveita o suceso para tirar imaxes del.

En xullo de 2009 entran a gravar un novo tema, «Condenados al silencio». Aquí podemos visitar o seu blog oficial, a súa páxina en MySpace, en LastFM, no Facebook, e en Fotolog, amais de mirar os seus vídeos no Youtube.

«Déixate levar a un mundo onde non existe a dor…»

Os comentarios están pechados.

Olark Livehelp