E outro! ‘Nesta guerra’, de Labazada
Velaquí temos unha nova achega. Dá gusto, isto acaba de botar a andar e xa está a coller forza! Este tema, co título «Nesta guerra», vén da man de Labazada, unha banda compostelá de hipercore, ou tamén ñu metal, que integran Óscar (baixo), Alberto (guitarra), Chata (batería) e Fosi (cantante).
A banda, nacida no 2006, ten dúas maketas editadas: Makina infernal (2007) e Labazada (2008). No 2009 foron seleccionados na rede Nsaio (por voto popular) para participaren no Culturgal, a Feira galega das industrias culturais. Tamén quedaron finalistas, este mesmo ano, no concurso de Vieiros e a Radio Galega Apologhit. E o seu tema «Non me collerás» forma parte do compilatorio Metalicia vol:2.
«Comézate a axeonllar…»
Posted on Outubro 15th, 2009 by berropressing
Filed under: Sen clasificar
.
.
.
.
.
.