Temos outro tema! Pero en inglés…

Impresionante, o concurso acaba de empezar e xa temos unha primeira achega: titúlase «Without heroes», e é da autoría de Losthopes, un cuarteto da Guarda que mestura hardcore, punk e southern rock, e dos que poderemos ver varios concertos pola provincia de Pontevedra, dende o Baixo Miño até o Deza, no mes de novembro. No seu My Space podedes ler máis sobre eles.

losthopes – without heroes mp3

Así e todo, lembramos que as bases especifican que o texto da canción debe estar en galego (non necesariamente na normativa ILG-RAG, tampouco), polo cal este tema en concreto non entra a concurso. Mágoa, porque era ben acaído para Pressing catch! Aí volo deixamos para que o escoitedes, e a ver se Losthopes se animan a mandarnos unha versión en galego. Agardamos polos vosos!

Os comentarios están pechados.

Olark Livehelp